Actualmente, a cooperativa está formada por Carolina Jack, Manuel Sánchez (Patxi), Ramón Fernández, Javier Rodríguez e Xiao Varela —todas elas persoas socias traballadoras.
Cremos na cooperación como forma de valorar os talentos e desexos individuais para construír un proxecto común. Traballamos nun ambiente de confianza e apoio mutuo que nos permite experimentar, innovar e crecer.
Colaboramos activamente cunha rede de proxectos e profesionais da economía social (como EspazoCoop, Coop57, Som Energia, Arquitecturas Colectivas, Espiga, Red de Construcción con Paja, Outra Forma de Vivenda, Red de Vivienda Colaborativa, REAS ou o Grupo Galego de Vivenda Colaborativa) para ofrecer un servizo integral e comprometido.
Recoñecemos o labor de quen formou parte deste camiño: Iria, Antón, Elena, David, Martín, Cecilia, Ramón, Aurora e Noelia.