Somos unha cooperativa galega sen ánimo de lucro (*) que dende 2012 traballamos nos eidos da arquitectura, urbanismo e intervención comunitaria en Galicia.
Móvennos valores como:
Xustiza social e ambiental
Desenvolvemento comunitario equilibrado
Creación de contornos saudables, diversos e autónomos
(*) Os beneficios non se reparten entre as persoas socias: reinvístense para mellorar o proxecto e garantir condicións de traballo estables.