Centro de depilación Ces

Data
2024
Situación
A Coruña
Proxecto
Hábitat Social
Xestión de obra
Hábitat Social

Ces, centro de estética especializado en depilación láser, buscaba abrir o seu terceiro establecemento (o primeiro na cidade) coa pretensión engadida de crear unha imaxe de marca recoñecible e asociada aos valores da empresa (honestidade, proximidade, coidado), que se puidese replicar no futuro.

O local proposto é céntrico mais resulta escaso en superficie para un programa amplo (tres gabinetes cuns requisitos funcionais e dimensionais determinados) e fragmentado (necesidade de intimidade). Así, vanse adoptar estratexias espaciais para compensar estas limitacións e incrementar a sensación de amplitude, como sacar partido da altura do teito ou procurar a continuidade visual a través da parte superior das divisións.

Corpos espidos e pel exposta suxiren unha paleta de materiais naturais e cálidos, con forte presenza das texturas (madeira, recebo de arxila, baldosas de barro sen cocer, vidro impreso), así como unha iluminación íntima (apoiada noutra de acento sobre as zonas de traballo). Ademais do confort visual préstase espacial atención ao confort térmico, incorporando sistemas de calefacción e ventilación con regulación independente para cada espazo.

Etiquetas: Proxectos, Bioconstrución