Obradoiro de autoconstrución no barrio do Campanario

Data
2010
Promoción
Concellería de Rehabilitación do Concello da Coruña
Autoría
Jesús Carrazoni, Macario Iglesias, Felipe Riola, José Manuel Sánchez e Xiao Varela

A raíz da difusión e o proceso de denuncia activado polo obradoiro participativo no barrio do Campanario, a Concellería de Rehabilitación do Concello da Coruña encargounos un novo obradoiro coas veciñas e veciños do barrio, para mellorar as súas vivendas. Estas se atopan
nunhas condicións moi precarias, con repercusions negativas para os seus habitantes tanto a nivel de saúde como de seguridade.

Elaborouse un plan da actuación, consensuado coa veciñanza, que foi aprobado polo Concello. Por mor do limitado do orzamento dispoñible, establecéronse categorías de intervención de maior a menor urxencia: seguridade dos ocupantes, salubridade, confort e intervencións xerais.

O obradoiro alternou os procesos formativos, contando con profesionais dos distintos ámbitos, coa realización dos traballos por parte dos habitantes do barrio.

O resume de actuacións foi o seguinte: 28 instalacións eléctricas renovadas, máis de 1900 m2 de cuberta illada e impermeabilizada, traballos varios de albanelería e fontanería e 101 xanelas substituídas.

Etiquetas: Participación