Obradoiro e exposición Ducia de Cans

Data
2014
Promoción
Espazo NORMAL da UDC
Autoría
Hábitat Social e Creus+Carrasco
Colaboración
GCeT (Iago Carro e Alejandro Álvarez) e Sara Rodríguez (Sala Normal)
Outros
Comisariado da exposición: Alfonso Pato e Cruz+Carrasco

O obxectivo deste obradoiro foi a montaxe na sala Normal da UDC a exposición “Ducia de Cans” con motivo do 12º aniversario do Festival de Cans, a cal debía acoller diversos materiais audiovisuais e ademais unha serie de eventos (concertos, charlas, debates, etc.) que terían lugar ao longo do tempo que durase a mostra.

O encargo que recibiramos inicialmente buscaba que coordinásemo o grupo de estudantes de arquitectura responsable da montaxe da exposición, nunha lóxica de aprendizaxe na aplicación práctica de coñecementos construtivos. Asiña vimos claro o interese de ampliar o potencial da iniciativa, estendendo a participación do alumnado á fase de deseño, o que nos permitía achegar un proceso colectivo integral, dende a concepción ata a materialización. Deste xeito, por unha banda, acadamos unha maior implicación do grupo participante, que ía sentir como seu o traballo feito en cada unha das fases, e por outra, tiramos proveito da imaxinación dun grupo amplo e variado de persoas habituadas a proxectar, enriquecendo sen dúbida o resultado, á vez que polo camiño, afacíamonos todos a facelo de xeito colectivo.

A proposta conceptual xurdíu da investigación arredor da transformación que sufre o espazo cotián da aldea durante os días nos que trancorre o festival. Respecto da concreción da exposición, a intención foi a de levar á sala e ao propio proceso de deseño os valores que reflexa o festival de Cans, como son a optimización dos recursos, unha relación moi directa co contexto, a simultaneidade, versatilidade, hibridación dos espazos, etc.

Participantes no obradoiro: Mario Gómez, Julio Pérez, Raquel Quintáns, Laura Pardo, Estefanía Grandal, Maite Fraga, Kaila San Fabián e Rodrigo Boquete.

Etiquetas: Participación