Acompañamento para a constitución da cooperativa Mulleres Colleiteiras

Data
2015
Promoción
Arquitectura sen Fronteiras
Autoría
Hábitat Social

No mes de outubro de 2014 xúrdenos a oportunidade de formar parte do proxecto Mulleres Colleiteiras promovido dende Arquitectura Sen Fronteiras. O proxecto ven funcionando dende abril de 2013 con 23 mulleres voluntarias dos asentamentos chabolistas de As Rañas e A Pasaxe coa idea de levar a cabo unha iniciativa de autoemprego relacionada coa recollida do aceite vexetal usado.
ASF proponnos levar a cabo un acompañamento á formación dunha cooperativa sen ánimo de lucro, que será o seguinte paso para facer realidade este proxecto con tres obxectivos fundamentais: a inserción sociolaboral de mulleres en exclusión, o aforro dos custes da limpeza do aceite que actualmente é vertido nos sumidorioros da cidade (xa que actualmente ninguén está a realizar o traballo de recollida na Coruña), e a mellora medioambiental que supón realizar este proceso de recollida de baixo custo e a nivel local.
Considerando que estas 3 premisas concordan coas nosas intencións de traballo, puxémonos mans á obra para intentar trasladar a nosa humilde experiencia no mundo da economía social. A través de sesións semanais fumos introducindo ás mulleres participantes nos valores cooperativos, e
imaxinando entre todas, cómo querían que fose a súa empresa, ata ter elaborada toda a documentación necesaria para poder constituir oficialmente a cooperativa.
A día de hoxe, a cooperativa está formada por catro mulleres. O resto de participantes continúan a traballar dando apoio ao proxecto e agardando a que este poda ampliar e consolidar a súa rede de recollida para poder incorporar a máis traballadoras.

http://mullerescolleiteiras.blogspot.com.es/

Etiquetas: Cooperativismo