Hortas urbanas en Feáns

Data
2010
Promoción
COAG - Delegación da Coruña
Autoría
Alejandro Fernández, Macario Iglesias, Felipe Riola, Jose Manuel Sánchez e Xiao Varela

Iniciativa para a hibridación das dinámicas urbanas e rurais mediante a recuperación de hortas nas aforas da cidade da Coruña. Foi dirixida por nós dentro da plataforma “A Cidade dos barrios” (promovida pola COAG e coordinado polo estudio MMASA) e actualmente é mantida polas persoas da asociación de usuarias creada ex profeso.

A nosa pretensión foi crear mecanismos para un proceso autónomo, que puidese ser autoxestionado polos seus participantes ao longo do tempo e non dependese da tutela de ningún axente en particular (deseñadores, administración ...).

A proposta incluíu varias fases:
1.Estudo da área obxecto de aprendizaxe (Val de Feáns) e contacto coas persoas propietarias dos terreos en desuso para acordar a súa cesión.
2.Presentación pública da iniciativa ás persoas propietarias dos terreos e ás persoas interesadas como usuarias potenciais das hortas.
3.Creación da asemblea encargada de elaborar os regulamentos que rexen o uso das hortas e os estatutos da futura Asociación de persoas Usuarias.
4.Creación da Asociación de usuarias e usuarios das hortas do Val de Feáns e elección da súa Xunta Directiva.
5.Reparcelación da terra e cultura da mesma.

Etiquetas: Participación, Cooperativismo