Obradoiro participativo no barrio do Campanario

Data
2009
Promoción
COAG - Delegación da Coruña
Autoría
Lucía Buceta, Alejandro Fernández, Macario Iglesias, Felipe Riola, José Manuel Sánchez e Xiao Varela.
Colaboración
Dinorah Batallán, Alberto Fortes, María Novas, Martín Loureiro, Sofía Paleo, Alba Pérez, Kaila Sanfabián, Amador Lorenzo, Juan Valiente, Ramón Fernández, Própolis, Dantea Teatro, Rede de Troco e Ramón Pérez Basich.

O obradoiro foi proposto por nós dentro da iniciativa “A Cidade dos Barrios” (http://www.acidadedosbarrios.org), promovida no ano 2009 polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

O Campanario é un barrio de vivenda municipal que se sitúa no extremo noroeste do termo municipal illado do resto da cidade. Nel destaca un forte contraste entre a súa vitalidade e a precariedade das condicións en que a vida se desenvolve, con evidentes carencias tanto a nivel de espazo público e servizos como de vivenda.

Os obxectivos fundamentais que nos marcamos para o obradoiro foron:
-Incentivar a participación cidadá:
Trátase de reforzar o movemento veciñal e a cohesión social no barrio, co fin de exercer unha cidadanía activa e consciente para ser quen de transformar o entorno no que se vive.
-Visibilizar a situación, as carencias e as potencialidades:
Emprégase o obradoiro e o seu proceso de difusión pública (conferencias, prensa, televisión, publicacións...) para sacar á luz tanto a existencia do barrio como as súas carencias e deficiencias, que deben ser coñecidas por toda a sociedade para poder ser abordadas.
-Buscar a continuidade no futuro:
Este obradoiro concíbese tan só como un primeiro paso, a apertura dun proceso que se desenvolva con continuidade, perseveranza e a colaboración tanto dos veciños como de asociacións, colexios profesionais e as administracións competentes.

Etiquetas: Participación