Política de privacidade de Hábitat Social

1. Introdución e identificación do responsable de tratamento

Hábitat Social, Sociedade Cooperativa Galega (en adiante Hábitat Social), entidade con CIF: F-70.302.880 e con enderezo en Praza de Azcarraga, 6 - baixo, 15001- A Coruña, é a Responsable de tratamento dos diferentes datos persoais que se recollen para unha correcta prestación do noso servizo.

É o noso obxectivo tratar os datos persoais con total transparencia, aportando sempre as maiores garantías de confidencialidade e seguridade. É por iso que te queremos explicar de maneira precisa o motivo e o xeito que temos de recompilar, almacenar, compartir e utilizar os teus datos persoais, así como os dereitos que podes exercer con respecto a estes tratamentos.

Poñemos á túa disposición o enderezo de correo electrónico info@habitatsocial.coop ao que te podes dirixir de modo directo e efectivo sempre que teñas calquera pregunta ou dúbida acerca do tratamento dos teus datos persoais ou cando desexes comunicarte con nós.

2. Recompilación e tratamento dos datos persoais

En Hábitat Social tratamos os datos facilitados polos nosos interesados coas seguintes finalidades:

a. Xestionar adecuadamente a relación comercial subscrita cos nosos clientes, a organización, a prestación e a posterior xestión administrativa do servizo. A base xurídica deste tratamento é a de execución do contrato. É posible que durante a execución do traballo, cedamos algúns datos de contacto do cliente aos nosos colaboradores, contratas e provedores. Non o faremos nunca sen o correspondente consentimento do noso cliente.

b. Manter as relacións comerciais cos nosos fornecedores de bens sendo a lexitimación desta finalidade novamente a de execución dun contrato.

c. Manter as relacións de traballo necesarias cos nosos colaboradores e fornecedores de servizos e ser intermediarios entre eles e os nosos clientes co fin de garantir unha adecuada execución do traballo, sendo a base xurídica deste tratamento o noso interese lexítimo.

d. Desenvolver adecuadamente as actividades formativas, obradoiros, proxectos... que organizamos e nos que calquera interesado se pode inscribir e participar, tomando neste caso como base xurídica do tratamento a relación contractual existente.

e. Creación dunha base de datos de CV e utilización dos mesmos cando se organice algún proceso de selección, sendo a lexitimación deste tratamento o consentimento prestado polo propio interesado cando nos fai chegar o seu curriculum. Tamén solicitamos o consentimento para ceder o CV aos nosos colaboradores se así nolo solicitan cando inician un proceso de selección.

f. Envío por correo electrónico de información relativa aos nosos servizos e actividades. Non facemos envíos a ninguén se non dispoñemos da súa autorización ou consentimento previo.

g. Cando o usuario, voluntariamente, se fai seguidor das Redes Sociais de Hábitat Social, a información e datos persoais proporcionados polo usuario a través das redes sociais son utilizados para atender cantas peticións nos formule a través das mesmas, sendo a base xurídica deste tratamento o consentimento expreso mostrado polo usuario.

En tódolos casos, os datos proporcionados se conservarán mentres se manteña a relación contractual ou en tanto o interesado non solicite a súa supresión ou exercite o seu dereito de oposición. Unha vez finalizado o contrato, conservaranse os datos debidamente bloqueados durante todo o tempo que que sexa necesario para atender ás obrigas legais que en materia fiscal ou noutro ámbito afecten a Hábitat Social.

As únicas cesións de datos que se realizan en Hábitat Social son as indicadas anteriormente e as esixidas por obriga legal. Tampouco están previstas transferencias internacionais dos mesmos.

3. Redes sociais

Hábitat Social conta con perfís nalgunhas das principais Redes Sociais (RRSS) co fin de informar e publicitar os seus servizos. Se dispós dun usuario na mesma rede social e decides unirte á páxina creada por Hábitat Social, enténdese que amosas o teu interese na información que se publicita na Rede e outorgas o teu consentimento expreso para o tratamento daqueles datos publicados no teu perfil no momento no que te fas seguidor das mesmas.

En ningún caso Hábitat Social extraerá datos das RRSS e en calquera caso, o tratamento feito será, como máximo, o que a rede social permita aos perfiles corporativos.

Podes acceder en todo momento ás políticas de privacidade da propia rede social, así como configurar o teu perfil para garantir a súa privacidade.

Nas RRSS, podes compartir textos, fotos, vídeos e outro tipo de información ou contidos, algo que farás libre, voluntaria e conscientemente. De facelo así, estes contidos estarán suxeitos tanto á presente política como ás Normas e Condicións de Acceso e Uso da rede social correspondente. Todos os contidos que publiques deben respectar a lexislación vixente, a presente política e o aviso legal da rede social.

4. Medidas de seguridade

Todos os datos son tratados de conformidade co disposto nas normativas vixentes en protección de datos persoais, e máis concretamente conforme á Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPD).

Así mesmo, cúmprense os principios descritos na LOPD, polo que os datos son tratados de xeito lícito, leal e transparente en relación co interesado e de maneira adecuada, pertinente e limitada ao necesario en relación cos fins para os que son tratados.

Co obxectivo de salvagardar a seguridade dos datos persoais, Hábitat Social implantou todas as medidas de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a seguridade dos mesmos, a súa alteración, perda e tratamento ou acceso non autorizados.

5. Dereitos en materia de protección de datos

En calquera momento podes exercer os teus dereitos dirixíndote ao enderezo postal arriba indicado ou ao enderezo electrónico info@habitatsocial.coop, especificando o dereito que queres exercer e respecto de que datos persoais. En particular, a LOPD outórgache os seguintes dereitos:

a. Dereito de acceso e Dereito de rectificación. Tes dereito a ser informado e solicitar acceso aos datos persoais sobre ti que procesamos ou á súa rectificación cando sexan inexactos.

b. Dereito de supresión. Tes dereito a solicitar que se eliminen os teus datos persoais.

c. Dereito á limitación do tratamento. Tes dereito a solicitar que se deteña o procesamento de xeito temporal ou permanente de todos ou algúns dos teus datos persoais.

d. Dereito de oposición. A oposición ao tratamento dos teus datos cando a base xurídica para o tratamento sexa o interese lexítimo de Hábitat Social ou por motivos relacionados coa túa situación particular.

e. Dereito á portabilidade. Tes dereito a solicitar unha copia dos teus datos persoais en formato electrónico e dereito a transmitilos a un terceiro.

Igualmente, informámosche da opción de presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos en caso de considerar que cometemos unha infracción respecto ao tratamento dos teus datos persoais. Para iso, debes dirixirte á:

AXENCIA ESPAÑOLA DE PROTECCIÓN DE DATOS
r/ Jorge Juan, 6. 28001 - Madrid