Home / Novas /

A palleira de Rubián

01/09/2015

Dende hai uns meses estamos traballando na recuperación dunha construción tradicional no sur da provincia de Lugo, en concreto no núcleo de Rubián. A construción, que foi unha palleira e parece ser que tamén xa foi vivenda nalgún momento, situase nunha parcela onde existe outra construción chamada a Casa do Pacio e cuxa escala, escapa polo momento ás posibilidades de ser rehabilitada por Roberto e a súa familia, os propietarios.

A idea de Roberto é poder rehabilitala para utilizala como unha vivenda con espazos flexibles nos que nun momento dado poda ter a xente aloxada, facer actividades de grupo, etc. buscando dalgún modo poder fuxir da cidade cara unha alternativa nun entorno rural.

A través das fotos antigas da palleira apreciase como foi unha construción cun grande encanto e multitude de posibilidades para adaptala ao novo uso. Ainda que actualmente se atopa moi deteriorada, a súa planta rectangular e estrutura sinxela, fai que as posibilidades para a proposta sexan múltiples e flexibles.

A pesar de que os recursos son limitados, a ilusión por dignificar un espazo que pertenceu a súa familia e recuperalo dunha morte segura é o que nos motiva principalmente. Ademáis diso, o interese pola utilización de materiais naturais e tradicionais denota a sensibilidade e respeto a un patrimonio esquecido. Con estas premisas, estivemos realizando un anteproxecto para adaptar a palleira ás novas circunstancias conservando a súa estrutura de muros de pedra, forxado e cuberta de madeira con cubrición de lousa de pizarra repectando todo o posible a construción orixinal. Agardamos que poda ser aprobado pola Xunta nun prazo de tempo curto e poder seguir traballando.

Neste senso, queremos amosar a nosa preocupación pola lentitude na resolución dos procesos burocráticos deste tipo de proxectos, o cal repercute no pouco interese da poboación por levar a cabo a recuperación do patrimonio, ademáis de crear desconfianza no procedemento legal de pedir licenza, provocando que as intervencións de rehabilitación en moitos casos se fagan ilegalmente e sen o control da administracion. Gustarianos facer unha chamada de atención tanto a técnicos para que sexan responsables e teñan en conta as necesidades dunha poboación que non ten moitos apoios para poder levar a cabo estas recuperacións, como a políticos para fomentar e axudar á recuperación deste patrimonio