Este mapa constrúese de forma colaborativa e busca recompilar os puntos de relación do mar coa cidade.
Máis informaciónAxudanos na difusión do mapa
Emprega os seguintes recursos para difundir o mapeo colectivo.Inserta o mapa na túa web
Podes insertar o mapa en calqueira sitio web copiando e pegando o código debaixo do mapa.Sobre os contidos
Os xestores do Proxecto Web Coruña (sub)Mariña desenvolveron o mesmo para que os usuarios poidan inserir contidos -textos, imaxes, vídeos, etc.- os cales están suxeitos á licenza Creative Commons 3.0. Con todo, todo usuario debe respectar a presente cláusula coa finalidade de non vulnerar dereitos intelectuais e industriais de terceiros.
Atópase prohibida toda actuación que non cumpra as esixencias contempladas na licenza Creative Commons 3.0. Así mesmo, os usuarios que insiran contidos con dereitos de propiedade intelectual asociados a aqueles e cuxa titularidade non corresponda ao usuario deberán efectuar reseña do autor e obra. En canto ás fotografías, do mesmo xeito que os vídeos, os usuarios deberán ser os autores das mesmas ou atopase autorizados á súa reprodución e distribución. Así mesmo, se naquelas aparecesen imaxes de terceiros deberá contar con autorización dos mesmos, e en caso de menores, a autorización expresa dos seus pais e/ou titores para a súa exposición. Os xestores de Coruña (sub)Mariña non serán responsables das pertinentes autorizacións ou lexitimacións necesarias que os usuarios precisen para explotar os devanditos contidos.
Todos os contidos deste sitio publicanse baixo una licenza Creative Commons BY-SA 3.0 Unported, o que significa que se permite a copia, reemprego e modificación dos mesmos. Ao aportar contidos a esta plataforma aceptase implicitamente que os mesmos se publiquen baixo ditas condicións. Estas condiciós aplicanse unicamente aos contidos e arquivos almacenados neste sitio e non aos contidos aloxados en sitios web de terceiros que pudieran achegarse como contido adicional (como é o caso dos videos e outras referencias externas)
A base de datos que se constrúe de forma colaborativa neste mapeo colectivo forma parte do proxecto Coruña sub Mariña.
Sobre o software
Este sitio foi desenvolto empregando exclusivamente tecnoloxías de Software Libre. Empregase principalmente Ushahidi xunto coas seguintes ferramentas:JQuery, Reveal, Tooltipser.Pode descargar o código fonte desta plataforma no repositorio de código do autor, Reevo.
Outros contidos de terceiros empregados: Free Vector Map Location Pins (MediaLoot).
Que é Coruña (sub)Mariña?
Coruña (sub)Mariña é un convite a explorar nas profundidades da nosa memoria colectiva para rescatar unha conciencia viva do que somos.
Habitamos unha cidade de esencia mariña e mariñeira. Mais o forte vencello que ata A Coruña co mar dende a súa orixe foise afrouxando polo paso do tempo, e especialmente polo cambio de modelo socioeconómico, somerxendo xeitos de vida, espazos, fitos, historias, etc. ata facelos desaparecer (algúns para sempre, outros aínda sobreviven ocultos, mais quizais por pouco tempo). Descubrilos e sacalos á luz é o obxectivo deste proxecto: recuperar o noso tesouro, a nosa identidade; aflorar unha relación co mar moito máis rica e complexa que a limitada mirada ociosa e contemplativa na que está a derivar (praia, paseo marítimo, Torre de Hércules...).
Propoñemos un exercicio colectivo: botar as redes nas augas da nosa memoria e o noso saber individual para xuntar entre todas e todos unha marea de referencias a eses cabos que atan A Coruña co mar e debuxar colectivamente un mapa, o do noso tesouro.
Só así conseguiremos que esta cidade deixe de ser (sub)mariña e retorne mariña.
Como xurde?
Coruña (sub)Mariña é unha iniciativa de hábitat social dentro do marco do festival Mar de Mares que terá lugar a finais do vindeiro mes de setembro de 2015.
Como participar?
Este mapa é a suma do coñecemento colectivo. Toda a información é de carácter público e de acceso libre. Se queres participar só tes que engadir un punto no mapa, enchendo a descrición, cun título e un lugar asociado. Indica a fonte e as referencias para ampliar a información (si é o caso).
Agradecementos
Son moitas as persoas que participan neste proxecto, e agardamos que sexan máis ainda.
Para o arranque contamos con varias entrevistas, queremos agradecer a Xurxo Souto, a Ana Filgueiras, Xosé Iglesias e Xulio Montero
Xunto hábitat social participaron Iria Brandariz, Lucas Santolino,
Para que poda estar pendurada na rede, é necesaria a colaboración de saramaganta